InicioPolíticaA Plataforma Galega contra a OTAN denuncia en Vigo o "rol imperialista...

A Plataforma Galega contra a OTAN denuncia en Vigo o “rol imperialista e agresivo” da alianza militar 

A Plataforma celebrou unha palestra informativa na que censuraron o auxe do discurso belicista e rexeitaron a cesión de instalacións en Galicia para alimentar a maquinaria de guerra. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Plataforma Galega contra a OTAN vén de denunciar este xoves o “rol imperialista e agresivo” da alianza durante unha palestra informativa en Vigo, baixo o título Que é a OTAN e canto nos custa?, como primeiro acto dunha campaña de resposta galega ao cume da estrutura militar prevista para os días 29 e 30 de xuño en Madrid.

“A OTAN é unha ferramenta para a agresión e a bandidaxe en escala planetaria”, censurou durante o acto celebrado no café De Catro a Catro o historiador e analista internacional Duarte Correa, acompañado da membro de Mar de Lumes, Olaia Chaves, como representantes da Plataforma. “O análise histórico desmonta a falacia da autodefensa e deixa en evidencia o seu rol estritamente imperialista e agresivo”, engadiu Correa.

Desde a Plataforma Galega contra a OTAN censuraron o auxe do discurso belicista, acollido con “entusiasmo” pola Unión Europea para “xustificar a sinatura de novos pactos militares expansionistas e o incremento dos presupostos de defensa”. “A OTAN naceu co pretexto de evitar supostas e potenciais ameazas que nunca se chegaron a materializar, mais si fomos testemuñas dos danos, padecementos e miserias que este aparato militar causou nos diferentes países nos que interviu”, sinalou Chaves.

FÓRA OTAN

Durante a palestra, lembrouse que a alianza militar conta na actualidade cun milleiro de bases repartidas en 63 países e ten despregadas tropas nun total de 165 países. Neste sentido, rexeitaron a cesión de portos e instalacións aéreas en Galicia para alimentar esta “maquinaria de guerra” que, aseguran, “converte a cidadanía galega en “cómplice da barbarie imperialista, malia existir un amplo rexeitamento social”. 

Desde a organización comprometéronse a seguir pulando pola disolución da OTAN e esixindo a non participación do Estado español en calquera estrutura destas características. Chamaron a unha ampla participación nos próximos actos convocados pola Plataforma, entre os que destacan un Contracume en Compostela o 19 de xuño e a columna galega na manifestación que terá lugar en Madrid o 26 de xuño. 

ÚLTIMAS

A Garda Civil atopa a unha menor deambulando soa por Nigrán

Unha unidade da Garda Civil de Trafico de Porriño localizou as 12:15 h. deste...

Xulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores,...

Un mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha moza en Vigo, á que ameazou cunha arma simulada

Un mozo enfróntase á pena de 3 anos de prisión como presunto autor dun...

Licitados por case un millón de euros os estudos do tramo de AVE entre O Porriño e a fronteira portuguesa

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou este venres da licitación, por case...