InicioPolíticaAbel Caballero carga contra o Goberno central pola súa "desconsideración" co IEO...

Abel Caballero carga contra o Goberno central pola súa “desconsideración” co IEO de Vigo

O alcalde esixe que a sede de Vigo sexa centro coordinador estatal polo seu peso investigador, experiencia e tradición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, censurou este venres o “procedemento e desconsideración” do Ministerio de Ciencia e Innovación no proceso disgregador do IEO e esixiu que a sede de Vigo sexa centro coordinador estatal polo seu peso investigador, experiencia e tradición.

O rexedor apuntou que mantén “contacto permanente” co Ministerio e que seguirá transmitindo “en público e en privado” a súa demanda de que o IEO de Vigo “sexa recoñecido”, e lembrou que esa institución na cidade “totaliza un núcleo investigador en oceanografía como ningunha outra cidade de Europa”. “Non quero minimizar os méritos doutras cidades, ao contrario, quero reforzalos, pero reclamo este dereito de Vigo”, insistiu.

Respecto diso, anunciou que o grupo de goberno local presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno na que se expón esta demanda, e na que tamén se censurará o “clamoroso silencio da Xunta” que, a xuízo do alcalde, debería activar ” a candidatura” do IEO de Vigo ante o Goberno de España e o Ministerio de Ciencia e Innovación.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...