InicioPolíticaO PP de Vigo critica que o Goberno deixe fóra dos fondos...

O PP de Vigo critica que o Goberno deixe fóra dos fondos europeos 10 dos 14 proxectos presentados por Caballero

"Pedro Sánchez ri de Vigo, dos vigueses e de Abel Caballero", di i grupo municipal do PP de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Vigo criticou que o Goberno central deixe fóra dos fondos europeos Next Generation 10 dos 14 proxectos presentados polo alcalde, Abel Caballero, ao estimar só catro das propostas.

Nun comunicado, os ‘populares’ explicaron que a Secretaría Xeral de Transportes e Mobilidade na súa resulución desestimou 10 iniciativas presentadas por Abel Caballero. En concreto: as ramplas mecánicas na rúa Escultor Gregorio Fernández (1,5 millóns de euros), a humanización da rúa García Barbón (1,2 millóns de euros), a mellora da accesibilidade entre a rúa Romil e a avenida de Hispanidade (1 millón de euros), a mellora da accesibilidade na contorna do centro de saúde de Teis (965.000 euros), o acceso mecánico ao colexio Fonte Escura e o centro de saúde de Lavadores (925.000 euros), a humanización da rúa Romil-Fase 1 (910.000 euros).

Tamén o acceso mecánico ao colexio Losada desde a avenida Ramón Neto (890.000 euros), o ascensor entre a rúa Travesía de Vigo e a rúa Aragón (530.000 euros), a mellora da accesibilidade peonil na confluencia da rúa Talude e Urzáiz (530.000 euros) e o ascensor da rúa Urzáiz-Praza da Estación de Vialia (285.000 euros).

Todas elas fan un total de 8,8 millóns de euros dos fondos europeos que “se perden”. “Isto demostra que, para Pedro Sánchez, nin Vigo nin Abel Caballero son transcendentes“, afirmou o portavoz ‘popular’, Alfonso Marnotes.

“Pedro Sánchez ri de Vigo, dos vigueses e de Abel Caballero. O alcalde presumiu, en numerosas ocasións, dos proxectos que presentaba a estes fondos e agora vemos que o Goberno central non ten ningún interese en destinar ese diñeiro da Unión Europea a Vigo”, lamentou Marnotes.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...