InicioPolíticaClamor unánime para que a fronteira miñota reciba fondos fronteirizos que queren...

Clamor unánime para que a fronteira miñota reciba fondos fronteirizos que queren destinar a Valladolid ou Sevilla

Deputación, CIM Alto Minho e AECT Rio Minho asinaron unha declaración conxunta que enviarán á UE, aos estados centrais e á Xunta para defender os dereitos de case 400.000 habitantes da eurorrexión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O territorio do Miño transfronteirizo abriu hoxe “unha guerra reivindicativa” para reclamar que os fondos do próximo Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza de España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 da Unión Europea se destinen realmente e de maneira prioritaria ás zonas de fronteira. Consideran que o 75% dos fondos debe investirse no territorio a menos de 50 quilómetros da raia e debe crearse unha convocatoria específica para un proxecto centrado no Miño.

Como primeiro acto de forza desta ‘guerra’, a presidenta da Deputación Carmela Silva, o presidente da CIM Alto Minho Manuel Batista, e o director do AECT Rio Minho Rui Teixeira, acompañados de máis dunha vintena de alcaldesas, alcaldes e presidentes dos concellos e câmaras miñotos, asinaron unha Declaración Conxunta coa reclamación económica. Unha declaración que non asinou nin a Xunta, a través do vicepresidente Alfonso Rueda ou o Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, nin o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.           

O documento de hoxe sumase ás alegacións oficiais xa presentadas nos meses anteriores. Será remitido tanto á Unión Europea  como, de maneira específica, aos gobernos centrais de Madrid e Lisboa e á Xunta de Galicia, por ser as entidades que desenvolveron as bases do actual programa operativo, pendente aínda de aprobación final. As reivindicacións, anunciaron, non pararán na vía e institucional: nas vindeiras semanas vanse poñer en marcha unha campaña divulgativa e organizaranse máis actos reivindicativos públicos.       

Na reunión deixouse claro que a petición do territorio do Miño de solicitar os fondos POCTEP  ten un doble motivo. O primeiro, a lóxica e a coherencia , posto que os fondos europeos de Cooperación Transfronteiriza, como o seu nome indica, naceron no seu momento para compensar os territorios de fronteira por non poder interrelacionarse economicamente debido aos límites administrativos. Afirmouse que non ten sentido que, como acontece agora – e como defenden tanto os estados centrais como a Xunta incluso fronte ás recomendacións comunitarias-, se admitan como territorios beneficiarios zonas como Sevilla, Córdoba ou Valladolid, ou todo o territorio portugués salvo a área metropolitana de Lisboa, todos eles moi lonxe da fronteira.

O segundo motivo para reivindicar os fondos POCTEP para os territorios da ‘raia’ é a urxente necesidade de compensación polo peche de fronteiras durante a pandemia da COVID-19, que creou un duplo impacto económico negativo demostrado en diferentes estudos universitarios. “Se sempre tivo que ser así, os fondos para a fronteira, agora aínda máis”, dixeron.     

O director do AECT Rui Costa, xunto co vicedirector Uxío Benítez, explicou que a declaración conxunta  asinouse para defender os intereses das e dos 376.000 habitantes da rexión miñota e das 13.000 persoas traballadoras transfronteirizas da zona, pola que pasa máis do 50% do tráfico entre España e Portugal.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, deixou moi claro que se pode asumir “que os fondos POCTEP sexan investidos en territorios que non son transfronteirizos” trala sinatura dunha declaración na que “estamos a esixir a todas as administracións competentes -Unión Europea, gobernos de España e Portugal e Xunta de Galicia- que se comprometan con estes fondos”.

O presidente da CIM, Manuel Batista, indicou que o territorio do Miño “ten un enorme futuro e capacidade de crear riqueza e contribuír para o PIB de cada un dos países e construír un territorio capaz de renovarse e fixar nova xente e nova economía”. Lembrou que no Miño naceu o POCTEP e os fondos estruturais que hoxe todas as fronteiras de Europa utilizan como instrumento fundamental de cooperación.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...