InicioPolíticaAbel Caballero celebra a chegada do AVE a Galicia, pero lembra que...

Abel Caballero celebra a chegada do AVE a Galicia, pero lembra que falta Vigo-Ourense directo porque “o parou o PP”

Critica que Feijóo "está en contra do Nadal de Vigo", aínda que ten "máis afluencia que todo o Camiño de Santiago nun ano", segundo o alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns a posta en marcha das viaxes de alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Madrid, pero lembrou que o AVE Vigo-Ourense directo, pola variante de Cerdedo, “está sen facer” porque “o parou o PP”.

O rexedor volveu denunciar que o proxecto de alta velocidade para unir a cidade con Madrid foi freado polo goberno de Mariano Rajoy, sendo ministra de Fomento Ana Pastor, e “con Feijóo presionando para que os de Vigo fosen por Santiago e tivesen que baixar do tren, para ir logo a Ourense e Madrid”.

Fronte a isto, sinalou Caballero, o Goberno de Pedro Sánchez rescatou o proxecto e a propia secretaria de Estado de Transportes, Isabel Pardo de Vera, estivo hai uns días en Vigo para dar “garantías” de que se fará a variante de Cerdedo. Unhas garantías que tamén validou a propia ministra Raquel Sánchez.

“Temos todas as garantías de que se vai facer o Vigo-Ourense por Cerdedo (…), a pesar da oposición feroz de Feijóo, que tentaba paralo”, proclamou o rexedor, quen esixiu “explicacións” ao presidente da Xunta por “parar” ese proxecto de conexión ferroviaria.

FEIJÓO, “CONTRA O NADAL DE VIGO”

Por outra banda, o alcalde tamén se referiu a a presenza do presidente galego e líder do PPdeG na cidade esta fin de semana (con motivo do Congreso Local do partido) e quíxolle enviar unha mensaxe: “Señor Feijóo, Vigo é, ao seu pesar e sabendo que lle irrita e enfada moitísimo, un modelo de cidade en España“.

Segundo proclamou Abel Caballero, “todo o mundo quere ser Vigo, todas as cidades de España”, e asegurou que a Núñez Feijóo “lle preocupan e non lle gustan os éxitos de Vigo”.

Así, incidiu en que é “unha gran cidade co Nadal máis importante de Europa”, e que está a recibir “millóns” de visitas. “A pesar de Feijóo, e do PP, o Nadal de Vigo ten máis afluencia que todo o Camiño de Santiago nun ano”, incidiu, e lembrou que o goberno autonómico dedica “cero euros” a esta campaña do Nadal.

Por contra, censurou, “Feijóo está en contra do Nadal de Vigo” e “vai polas televisións de España falando mal de Vigo e do seu Nadal”. “Feijóo, para Vigo, é unha calamidade”, sentenciou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Vigo planta cara á Xunta polo grao de Medicina: o pleno reproba a descentralización e reabre a batalla universitaria

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do grupo socialista...

SOS Sanidade Pública planea lanzarse ás rúas de Vigo contra o “macrocentro” pediátrico

SOS Sanidade Pública planea unha manifestación en Vigo contra a concentración do servizo de...

Vigo énchese polo Nadal: ocupación hotelera do 90 % e Caballero presume de “revolución económica”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou o "cheo total" do Nadal na cidade,...