InicioPolíticaA Xunta condiciona apoiar a nova escola infantil de Vigo á transferencia...

A Xunta condiciona apoiar a nova escola infantil de Vigo á transferencia de fondos do Goberno central

Tamén volve emprazar a Abel Caballero a regularizar os pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta condiciona apoiar o financiamento da nova escola infantil que executará o Concello de Vigo na praza da Industria á transferencia de fondos por parte do Goberno central.

A delegada territorial do Goberno galego, Marta Fernández-Tapias, manifestou a súa “sorpresa” ante a “insistencia” do alcalde, Abel Caballero, sobre este asunto dado que “se lle contestou por carta o pasado 10 de novembro”, segundo recolleu a Xunta nun comunicado.

Na misiva, remitida polo director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, advertiuse de que o Executivo autonómico prevé destinar fondos Next Generation ao financiamento de novas escolas infantís de 0 a 3 anos e que se porán a disposición de concellos interesados.

Tras reivindicar o compromiso da Xunta co financiamento de escolas infantís de carácter municipal, Fernández-Tapias lamentou que o Executivo que preside Pedro Sánchez “non transferise nin un só euro” do mecanismo a Galicia e lembrou que “aínda non foi aprobado na correspondente Conferencia Sectorial”.

Adicionalmente, volveu emprazar o alcalde de Vigo a regularizar os pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Así, instouno a “deixar de presentar recursos sen perspectivas de éxito contra as liquidacións pendentes” dado que “son sete xa as sentenzas que avalan o modelo de cofinanciamento” de escolas infantís da rede do Consorcio.

ÚLTIMAS

O Marisquiño chega o seu final cun domingo decisivo para os títulos deportivos e o concerto de L0rna

A 26ª edición do festival de deportes e música urbana O Marisquiño chega ao...

Recuperar Vigo para a cidadanía

Hai cidades que avanzan porque son capaces de aproveitar o talento colectivo da súa...

Deteñen en Vigo unha muller tras agredir á súa parella

A Policía Local de Vigo detivo o pasado mércores a unha muller por supostamente...

Retencións e tráfico lento na AP-9 á saída de Vigo tras unha colisión entre polo menos cinco coches

Os túneles da Madroa da AP-9 volveron a ser o escenario dunha nova colisión...