InicioPolíticaBatalla política do goberno local co PP e En Marea pola toma...

Batalla política do goberno local co PP e En Marea pola toma de posesión de David Regades

O acto de toma de posesión de David Regades coma novo presidente da Zona Franca está a xerar polémica entre o goberno municipal e a oposición. Devandito acto obriga a suspender un pleno e reanudalo á tarde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mércores ás 12:00 celebrarase na sede de Bouzas do Consorcio da Zona Franca de Vigo, organismo estatal, a toma de posesión de David Regades como delegado do Estado. Este acto, que supón a suspensión do pleno municipal ás 11:30 para reanudalo ás 4 da tarde do mesmo día, está a levantar polémica na oposición.

Por unha banda, o PP fala dunha “gravísima e vergoñenta utilización partidista” do pleno vigués, e dunha “decisión irrevocable e unilateral”. Por outra banda, Marea de Vigo engadiu que “o Pleno da Zona Franca corre o perigo de converterse definitivamente nunha sucursal do goberno de Abel Caballero”, aludindo a que dos 6 membros do Concello de Vigo con funcións na Zona Franca sexan todos do PSOE, o cal defenden como un feito “inédito na historia da democracia”. Para Marea de Vigo, é antidemocrático que só o PSOE teña representación na Zona Franca.

De estas acusacións defendeuse o edil socialista Carlos López Font: “Comuniquei aos portavoces de Partido Popular e Marea de Vigo que o Pleno que se celebrará este mércores suspenderase para reaunudarse posteriormente ás 4 da tarde. Esta comunicación foi por cortesía, para que tiveran coñecemento, e o motivo desta suspensión é evidente, ás 12:00 celebrarase o acto de toma de posesión como delegado do Estado no consorcio da Zona Franca de Vigo”.

Polo tanto, asegura non entender a postura do PP, contraria á suspensión: “Primeiro, porque Abel Caballero, o alcalde, é o presidente da Zona Franca de Vigo, polo tanto é incuestionable que debe estar neste acto, pero a maiores, a data a decide o Goberno de España”.

“E, a maiores, ata cinco concelleiros do pleno vigués forman parte dos órganos da Zona Franca de Vigo. Todo isto comporta a necesidade desta suspensión”, selou.

“Compróbase que o PP vigués en calquera ocasión se tira ao monte. Se o acto de mañá fora o nomeamento dun membro do PP, dirían o mesmo? Contesto eu: estou seguro de que non, de que serían eles os que pedirían o cambio de horario para a realización deste acto. A conclusión é sinxela: o PP non soporta cando eles perden”, concluía Font.

ÚLTIMAS

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan o atropelo mortal a un home de 33 anos na AP-9 en Vigo

A Garda Civil investiga o atropelo mortal a un home de 33 anos, veciño...

Vigo aproba o seu orzamento para 2025 cos votos a favor do PSOE e o ‘non’ de BNG e PP

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns o orzamento municipal para 2025, que...