InicioPolíticaCaballero reclama "máis espazos de vacinación" ante as "inmensas colas" para acceder...

Caballero reclama “máis espazos de vacinación” ante as “inmensas colas” para acceder ao Ifevi

O alcalde critica que outras áreas sanitarias galegas conten con tres ou dous puntos de vacinación, mentres na de Vigo só está dispoñible o recinto feiral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou á Consellería de Sanidade a habilitación de “máis espazos de vacinación” contra a covid-19 na área sanitaria ante as “inmensas colas” rexistradas para acceder ao Ifevi.

O alcalde criticou que outras áreas sanitarias galegas conten con tres ou dous puntos de vacinación, mentres na de Vigo só está dispoñible o recinto feiral, polo que se preguntou “por que Sanidade está a facer estes malos tratos”.

Neste sentido, volveu denunciar as “inmensas colas” de vehículos e persoas rexistradas “á choiva” durante “estes días” na contorna do Ifevi, ante o que ofreceu polideportivos como o das Travesas, “onde se poden facer vacinacións masivas sen estas esperas”.

Así as cousas, o rexedor remarcou que a cidade “non necesita unha cola de seis quilómetros”, senón “unha boa programación” do proceso, cuxa loxística cuestionou.

Ademais, reprobou que a habilitación do sistema de autocita para a administración de doses a alumnos que realizarán estancias Erasmus durante o próximo curso, “anunciada aos catro ventos pola Xunta”, resultase ser “unha proba”. “Onte fíxoos ir (aos puntos de vacinación) e non os vacinou”, censurou.

Por outra banda, Abel Caballero avanzou que o Concello de Vigo repartirá 20.000 máscaras nos mercados de Cabral, Teis, Calvario, As Travesas, Progreso, Berbés e Bouzas ás 10,30 horas deste sábado. En total, desde o inicio da pandemia entregáronse máis de 400.000, todas elas enviadas polo Goberno central.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...