InicioPolíticaGaliza Nova e BNG despregan unha bandeira xigante no Castro como acto...

Galiza Nova e BNG despregan unha bandeira xigante no Castro como acto previo ao Día da Patria

PUBLICADO O

- Advertisement -

Militantes de Galiza Nova e mais do Bloque Nacionalista Galego despregaron unha bandeira xigante da patria este sábado no monte do Castro, nas inmediacións do antigo castelo.

A acción enmárcase dentro dos actos da III Semana da Patria para “afirmar o noso orgullo de sermos galegos e galegas e reivindicar o noso dereito como pobo a decidir o noso propio futuro conquistando a plena soberanía nacional para Galiza”, explican desde a fronte nacionalista.

Unha reivindicación que este ano terá un tratamento “máis especial”, ao se cumprir cincuenta anos da recuperación da celebración do Día da Patria Galega, impulsada polo nacionalismo galego na altura de 1968.

Os actos da III Semana da Patria continuaron este domingo, cun roteiro reivindicativo na Illa de San Simón, no que o deputado Luís Bará exerceu de guía.

ÚLTIMAS

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Detidos por realizar 35 chamadas intimidatorias en menos de 5 horas a un vigués

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detivo a dous homes como supostos autores...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...