InicioSucesosPor que a Xunta indemnizou con 75.000 euros aos falecidos nos lumes...

Por que a Xunta indemnizou con 75.000 euros aos falecidos nos lumes e só con 30.000 aos de Paramos?

En Marea acusa á Xunta de ver "cidadáns de primeira e de segunda" e de aproveitar cando os lumes de "tapar a súa incompetencia coa palabra terrorismo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea considera unha inxustiza que a Xunta de Galicia só indemnice con 30.000 euros por cada unha das vítimas mortais da explosión da pirotecnia en Paramos, Tui. A formación considera que está cantidade non é xusta cando se compara cos 75.000 euros por vítima que se pagaron cando os lumes de outono do pasado ano.

Luís Villares apuntou que era “inasumible” e “inexplicable” que a Xunta estea utilizando dúas varas de medir tan diferentes. O voceiro de En Marea explicou que o Partido Popular rexeitou na sesión deste mércores pasado a “proposta de En Marea para que as vítimas cobrasen a máxima indemnización posible”, e anunciou que as indemnizacións por vítimas mortais serán de 30.000 euros.

Luís Villares mostrouse “sorprendido” por esta decisión da Xunta que deixa claro para el que “o goberno autónomo ve vítimas de primeira e de segunda”. O voceiro de En Marea explicou que é moi difícil de entender que nos lumes “do pasado outono a indemnización se cifrase en 75.000 euros e uns meses despois o mesmo goberno considere que só son 30.000”.

Para Villares, a Xunta cualificou de terrorismo os incendios a pesar de que, como quedou comprobado, non era así, e aproveitou o asunto para “tapar a súa incompetencia coa palabra terrorismo”.

Lume no cemiterio en Nigrán, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 / Miguel Núñez.

Villares sinalou que nese momento as indemnizacións que se pagaron por vítimas mortais eran de 75.000 euros e “desde En Marea pensamos que no caso de Paramos non pode ser menos, iso é o que imos volver reclamar no Parlamento porque outra cousa sería unha inxustiza manifesta”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...