InicioPolíticaAbel Caballero recibirá o domingo a segunda de dose da vacina contra...

Abel Caballero recibirá o domingo a segunda de dose da vacina contra a covid-19

O alcalde recibe a vacina de Moderna.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi citado o vindeiro domingo para recibir a segunda dose da vacina contra o Covid-19, segundo confirmou el mesmo este mércores.

O rexedor, de 74 anos de idade, explicou que o vindeiro domingo, ás 14,00 horas, acudirá ao Instituto Feiral de Vigo a recibir a segunda dose de Moderna, catro semanas despois de que lle fose administrada a primeira.

Por outra banda, Caballero volveu pedir “prudencia” aos cidadáns e que respecten as restricións para poder frear a pandemia, aínda que censurou que a Xunta transmita mensaxes “contraditorias”.

Respecto diso, sinalou que, mentres o conselleiro de Sanidade traslada “avisos de alerta”, o presidente da Xunta “di que deica pouco poderemos ir sen máscara”. “Non é bo lanzar informes contraditorias, non é bo xerar inseguridade con declaracións difíciles de interpretar”, afirmou.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...