InicioPolíticaAbel Caballero fai valer o seu poder en Vigo e impón a...

Abel Caballero fai valer o seu poder en Vigo e impón a David Regades na Zona Franca

PUBLICADO O

David Regades, tenente de alcalde e concelleiro de Fomento de Vigo, deputado provincial e secrario local do PSdeG de Vigo foi escollido como novo delegado da zona Franca de Vigo polo novo goberno. Así o acordou o Consello de Ministros este venres.

Un nomeamento no que tivo que ver moito Abel Caballero, o rexedor vigués, xa que Regades é o seu número dous no concello e un home da súa total confianza. Ademais, xa era membro do comité executivo da Zona Franca.

Regades é técnico especialista da rama administrativa e comercial, na especialidade de contabilidade e técnico en prevención de riscos laborais e posúe o diploma do curso avanzado en dirección de asociacións empresariais pola Escola de Negocios Caixanova.
Foi concelleiro de fomento, transportes e novas tecnoloxías do Concello de Vigo entre 2011 e 2015, director do proxecto ‘Vigo Smart City: transformación dunha cidade’ e tamén xefe de gabinete da Alcaldía de Vigo.

Actualmente era tenente de alcalde, concelleiro de Fomento, deputado da Deputación de Pontevedra e delegado na área de cooperación municipal, asistencia aos municipios e proxectos europeos.

Carmela Silva, Abel Caballero e David Regades / Cadena Ser Vigo

CONTRAPODER

Ata o de agora este importante ente estaba en mans do PP e xestionado por Teresa Pedrosa. De feito, os populares o utilizaban coma un contrapoder en Vigo pola súa importancia e a gran cantidade de diñeiro público que xestiona.

O Consorcio da Zona Franca de Vigo é unha institución pública creada en 1947 para potenciar o comercio internacional e o desenvolvemento económico desde o sur de Galicia. Na súa área loxística de Bouzas, situada no porto de Vigo, xestiona unha zona franca con todas as súas vantaxes para a importación e a exportación.

O Consorcio está integrado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, a Cámara de Comercio, a Autoridade Portuaria e o Goberno de España, quen nomea o Delegado/a Especial do Estado en Consello de Ministros e segundo a proposta do Ministerio de Facenda.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...