InicioPolíticaMarea de Vigo traslada o seu apoio á Federación Veciñal ante o...

Marea de Vigo traslada o seu apoio á Federación Veciñal ante o que considera un “acoso” do goberno local

Membros da asociación están pechados na súa sede ata que se lles faciliten unhas instalacións alternativas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo trasladou este xoves o seu apoio á Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (FAVEC), ante o “acoso” que, denunciou, sofre por parte do goberno municipal, que lle instou a abandonar a sede que ocupan no centro da cidade para proceder á reforma do edificio.

O portavoz do grupo, Rubén Pérez, mantivo este xoves unha reunión con representantes da entidade veciñal, pechados na súa sede ata que se lles faciliten unhas instalacións alternativas, e constatou que deben desaloxar o inmoble de Praza da Princesa por unhas obras que “nin comezaron nin teñen licenza”.

“O Concello o único que fixo foi alongar prazos sen dar resposta, no que parece ser unha nova escalada no acoso ao movemento veciñal da cidade”, lamentou.

Rubén Pérez lembrou que a FAVEC se dirixiu á administración municipal para pedir unha localización provisional mentres duren as obras da súa sede, e pediu información sobre se poderán volver ou se deben retirar o seu material, “solicitudes que o goberno local decidiu ignorar”.

“Entendemos como lóxica a decisión tomada pola FAVEC de pecharse nas instalacións mentres non haxa resposta por parte do goberno local. Primeiro eliminaron os convenios económicos e agora un desaloxo”, criticou o portavoz de Marea de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...