InicioPolíticaO BNG de Vigo pedirá "explicacións" no pleno do mércores polo traslado...

O BNG de Vigo pedirá “explicacións” no pleno do mércores polo traslado “improvisado” da escola Santa Marta

Di que o CEIP Ramón e Cajal non cumpre os requisitos para albergar a escola infantil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou unha moción para o seu debate no pleno deste mércores no Concello de Vigo na que reclama “explicacións” ao goberno local pola súa “improvisación” no traslado da Escola Municipal Infantil Santa Marta, e na que esixe que se busque unha alternativa “viable” para acoller esta escola, mantendo as prazas existentes.

Así o trasladou o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, nunha rolda de prensa na que advertiu de que hai “unha ameaza real de peche” desta escola, que é a única escola pública do centro da cidade, e denunciou que o goberno está “incumplimiendo o compromiso” dado ás familias pola anterior edil de Educación, Olga Alonso, de que non se pecharía a escola antes de ter lista unha alternativa.

O goberno local defende que a escola debe clausurarse provisionalmente debido ás obras de urbanización do ámbito do Barrio do Cura, e propuxo trasladar a nenos e educadoras ao CEIP Ramón e Cajal, unha medida que rexeitan tanto a Xunta como a comunidade escolar do propio colexio, así como partidos políticos e mesmo sindicatos.

Pérez Igrexas sinalou que ese colexio non cumpre os requisitos para albergar a escola infantil e que, de feito, nos orzamentos municipais de 2021, non hai partidas destinadas a ese traslado, o que evidencia a “nefasta xestión” e “improvisación” do goberno local.

Nese sentido, criticou a actitude do alcalde, Abel Caballero, que culpa á Xunta de non querer dar unha alternativa aos nenos desa escola, e que defende que hai espazo suficiente para acollelos no Ramón e Cajal. O edil do BNG tamén afeou ao rexedor que use a urbanización de Barrio do Cura como “escusa” para o traslado nesas condicións, cando fai máis dun ano que se aprobou inicialmente o cambio urbanístico para permitir o inicio das obras.

ÚLTIMAS

Vertidos de augas fecais obrigan a Baiona a pechar dúas praias mentres seguen ondeando as súas bandeiras azuis

O Concello de Baiona anunciou hoxe a prohibición temporal do baño nas praias de Santa Marta e A Ladeira galardonadas recentemente co distintivo de bandeira azul da Asociación privada ADEAC. A medida chega despois de que o SERGAS publicase os resultados das analíticas correspondentes do pasado 14 de xullo, que, segundo fontes consultadas pola redacción, […]

Un home e unha muller morren nun accidente de tráfico no Porriño

Unha muller de 68 anos e un home de 62 anos...

O primeiro vehículo orbital español sairá de Nigrán: UARX Space lanza este outono Ossie rumbo ao espazo

A compañía UARX Space lanzará este outono Ossie, o primeiro vehículo de transferencia orbital...

O festivo da Reconquista pasará ao luns 29 de marzo por caer en domingo en 2027

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que este mes o goberno local aprobará...