InicioPolíticaCaballero critica que as obras da Cidade da Xustiza "levan case dous...

Caballero critica que as obras da Cidade da Xustiza “levan case dous anos de atraso”

O alcalde de Vigo proclamou que "convén acelerar as obras" e lamentou que eses atrasos se deben a que a Xunta quere "aforrar diñeiro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu este luns a “acelerar” as obras da chamada Cidade da Xustiza, as novas dotacións xudiciais que a Xunta constrúe no edificio do antigo Hospital Xeral-Cíes, e criticou que levan “case dous anos de atraso”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que, aínda que o proxecto é do seu agrado –pese ao inconveniente “de que non fagan aparcadoiro”–, “acumula un atraso tras outro”.

Así, segundo sinalou, a Xunta anunciou varios prazos de finalización das obras, empezando polo anunciado en 2016, cando se dixo que os novos xulgados estarían en marcha en 2019. Tras sucesivos atrasos, aseverou, o pasado outubro o goberno galego dixo que a obra acabará no primeiro trimestre de 2021.

“E non vai estar. Son case dous anos de atraso”, constatou o alcalde, quen proclamou que “convén acelerar as obras” e lamentou que eses atrasos se deben a que a Xxunta quere “aforrar diñeiro”.

ILUMINACIÓN DA GUÍA

Doutra banda, o rexedor referiuse ao informe negativo de Patrimonio da Xunta sobre o proxecto do Concello para iluminar o paseo e o exterior da capela do monte da Guía, que conta cun investimento de 400.000 euros.

Abel Caballero defendeu o proxecto e sinalou que o informe de Patrimonio é “subxectivo”, do mesmo xeito que ocorreu co rexeitamento da Xunta á instalación de ramplas en Gran Vía (que foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia).

“Outra vez recibiron indicacións políticas”, constatou o alcalde, e engadiu: “Feijóo está a converterse nun gravísimo problema na cidade. Páranos todo o que pode”.

ÚLTIMAS

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...