InicioPolíticaO BNG de Vigo critica as "sombras" na adxudicación ao grupo DomusVi...

O BNG de Vigo critica as “sombras” na adxudicación ao grupo DomusVi do Servizo de Axuda no Fogar

Os nacionalistas rexeitan que ese servizo sexa "fonte de negocio privado para empresas" e piden que sexa un servizo público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ter acceso ao expediente íntegro da adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), ante a contratación da empresa Servisar, do grupo Domusvi, para este servizo, e reclamou “pór luz nun proceso que presenta demasiadas sombras, no que respecta á valoración das ofertas.

Así o trasladou o edil nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tras manter un encontro co colectivo de xubilados e pensionistas do sindicato CIG.

Segundo incidiu, o BNG rexeita que ese servizo sexa “fonte de negocio privado para empresas”, e pediu que sexa un servizo público, á vez que lembrou a “xestión nefasta das residencias” de maiores do grupo DomusVi durante a pandemia de coronavirus.

A adxudicación do SAF (que atende a máis de mil usuarios na cidade) a Servisar xera, segundo Pérez Igrexas, “importantes dúbidas”, porque a empresa obtivo 15 puntos no proceso de valoración de ofertas no relativo á súa proposta organizativa, o que supón 6 puntos máis que a segunda oferta mellor valorada.

Por iso, o BNG solicitou ter acceso ao expediente para “coñecer os elementos que xustifican e obxectiva a valoración da oferta de Servisar”.

Finalmente, insistiu en que a aposta do Concello de Vigo debe ser a “municipalizar” ese servizo, a través da xestión pública directa, para pór fin á “mercantilización dos coidados” e á precariedade laboral.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...