InicioPolíticaA nova delegada da Xunta en Vigo: "chamei a Caballero en dúas...

A nova delegada da Xunta en Vigo: “chamei a Caballero en dúas ocasións sen éxito”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que a Xunta buscará establecer contactos “desde o ámbito ténico e político” co Concello de Vigo, xa que, a seu xuízo, “é momento de sumar” esforzos entre as distintas administracións debido á pandemia. Faino logo de que este luns o rexedor vigués, Abel Caballero, criticara duramente ao Goberno galego por ter esquecido á cidade durante a pandemina.

Así o detallou en Vigo preguntada tras unha reunión do comité de seguimento do plan de transporte metropolitano da zona, ao que volveu a chamar a adherirse ao goberno local. Así mesmo, a delegada territorial da Xunta na cidade olívica, Marta Fernández-Tapias, explicou que, tras asumir este cargo, púxose en contacto con todos os alcaldes da área, a excepción do da principal urbe galega.

Neste sentido, apuntou que tentou comunicarse telefonicamente con Abel Caballero “en dúas ocasións sen éxitoe que lle remitiu unha carta co obxectivo de abordar distintos temas dada a crise sanitaria actual. Así as cousas, a delegada territorial do Goberno galego incidiu na necesidade dunha colaboración entre as administracións que permita “sumar os seus esforzos”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...