InicioPolíticaMarea de Vigo pide que a urbe entre na Rede de Cidades...

Marea de Vigo pide que a urbe entre na Rede de Cidades pola Memoria e a Xustiza

Tamén solicita ao Concello que manifeste o seu apoio á denominada 'querela arxentina', a instrución que leva a cabo a maxistrada María Servini polos crimes do réxime franquista.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo rexistrou unha moción para o seu debate no Pleno na que se solicita ao Concello que manifeste o seu apoio á denominada ‘querela arxentina’, a instrución que leva a cabo a maxistrada María Servini polos crimes do réxime franquista.

A concelleira de Marea, Oriana Méndez, lembrou que a investigación xudicial incumbe a delitos de xenocidio e lesa humanidade, “que non prescriben”, e que tamén afectaron a veciños da cidade de Vigo, represaliados polo réxime de Franco. Por iso, solicitou que o pleno condene “explicitamente” a “sublevación militar fascista dirixida por Franco” e a ditadura posterior.

Na moción, Marea solicita que Vigo se incorpore á Rede de Cidades pola Memoria e a Xustiza e comprométase a impulsar accións para “acabar coa impunidade da ditadura franquista”, así como a revisión da simboloxía fascista dos edificios municipais, instando a outras administracións a que fagan o mesmo.

Este grupo tamén pide que se sinalicen os escenarios “representativos da memoria de Vigo”, como a Porta do Sol, o cemiterio de Pereiró, o antigo cárcere (actual museo MARCO), o frontón de María Berdiales ou o porto, e o recoñecemento a tres vigueses “loitadores pola liberdade”, e que estiveron entre os últimos asasinados polo franquismo: José Humberto Baena, José Luís Sánchez-Bravo Solla e Xosé Ramón Reboiras Noia.

Marea reclama do mesmo xeito na súa moción que haxa un recoñecemento institucional aos 226 funcionarios represaliados pola Comisión Depuradora do Concello no período inicial da ditadura e que se revisen as condecoracións outorgadas durante o réxime.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

Xunta urxe a Caballero un acordo para “desbloquear” actuacións como a ETEA: “Non existe xustificación para o atraso”

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, urxiu ao alcalde de Vigo,...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

O BNG presenta case 200 enmendas para os orzamentos de Vigo de 2026

O BNG de Vigo presentou este mércores unha batería de 198 emendas parciais aos...