InicioPolíticaO BNG comprométese a "romper" a confrontación e levar as demandas de...

O BNG comprométese a “romper” a confrontación e levar as demandas de Vigo ao Parlamento

Alexandra Fernández subliñou a importancia de que Vigo sexa motor de dinamización non só de Galicia senón dentro da propia comarca e, para iso, incidiu, é "fundamental" a posta en marcha da área Metropolitana.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG trasladou este xoves en Vigo o seu compromiso de “facer valer” as demandas da cidade no Parlamento de Galicia e de “romper a confrontación” que, desde hai anos, preside as relacións entre o Concello olívico e o goberno galego.

Así o apuntaron as deputadas nacionalistas Carmela González e Alexandra Fernández, que expuxeron as súas liñas estratéxicas de traballo na cámara autonómica para acabar co “abandono” de Vigo por parte da Xunta de Núñez Feijóo.

Así, Carmela González explicou que o BNG porá sobre a mesa, entre outras necesidades, a urxencia de aprobar un plan industrial para a comarca, que permita impulsar sectores crave como a automoción ou o naval. A ese respecto, reclamou a construción dun centro de reparación naval na ría, a intervención pública nos estaleiros ou o cesamento do actual presidente do Porto, Enrique López Veiga, porque é o “principal obstáculo” ao desenvolvemento da construción naval.

Tamén apostou polo desenvolvemento da Plisan, a conexión ferroviaria do Porto, medidas “urxentes” no ámbito laboral para facer fronte á crise derivada da pandemia ou plans de apoio ao pequeno e mediano comercio.

Pola súa banda, no ámbito social, Alexandra Fernández trasladou a necesidade de defender os servizos públicos, fronte ao modelo “neoliberal” do PP e ás súas “privatizacións”. A ese respecto, reclamou que o Hospital Álvaro Cunqueiro sexa “cento por cento público” e un maior investimento na rede de Atención Primaria.

Tamén demandou investimento en infraestruturas sanitarias, educativas e sociais; unha maior dotación de prazas en servizos públicos como escolas infantís ou residencias de maiores e un parque público de vivendas “para que ningunha familia quede na rúa”.

Finalmente, Alexandra Fernández subliñou a importancia de que Vigo sexa motor de dinamización non só de Galicia senón dentro da propia comarca e, para iso, incidiu, é “fundamental” a posta en marcha da área Metropolitana como “espazo de cooperación con competencias e recursos”, así como unha “reflexión profunda” achega do modelo de transporte metropolitano.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...