InicioPolíticaO PP cualifica de "espantallo" a obra de Gran Vía

O PP cualifica de “espantallo” a obra de Gran Vía

"A Gran Vía non merece isto. Merecía unha obra emblemática pero respectuosa, que recuperase os valores estéticos e cidadáns cos que foi construída" di o portavoz municipal do PP, Alfonso Marnotes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo tachou de “espantallo” a obra de reforma da Gran Vía e lamentou que o goberno de Abel Caballero “arrasase” un bulevar de 75 anos, no seu empeño por “mellorar” a cidade “botándoa abaixo” e “sen querer deixar outra memoria que a súa”.

Segundo trasladou o portavoz do grupo, Alfonso Marnotes, o PP non se opón a mellorar a mobilidade desa avenida, cunha notable pendente, pero criticou que a reforma non respectase a singularidade do viario e o seu bulevar.

Así, denunciou que, “ademais de tallar todas as árbores e arrasar con todos os xardíns”, colocáronse beirarrúas de formigón e non de pedra, “quítanse farois de forxa e ponse báculos de luz máis propios dun polígono industrial que dunha avenida singular” e construíuse un “armatoste”, “un espantallo de cores”, onde antes había un bulevar (en alusión aos arcos metálicos situados na zona central da rúa).

“A Gran Vía non merece isto. Merecía unha obra emblemática pero respectuosa, que recuperase os valores estéticos e cidadáns cos que foi construída. Vigo non se merece isto”, proclamou o portavoz ‘popular’.

ÚLTIMAS

O Pleno de Vigo aproba os orzamentos de 2027 coa oposición de PPdeG e BNG

O Pleno do Concello de Vigo deu este luns o visto e prace á...

A acampada de Vigo inicia o seu desmonte con concentracións para pedir vivenda para dez persoas sen fogar

A acampada pola vivenda de Vigo iniciou este domingo o proceso de desmonte do...

(Fotogalería) As mellores imaxes dunha noite máxica: Vigo acende o Nadal 2026

Vigo volveu converterse este sábado no epicentro do Nadal cun espectacular acendido que reuniu...

“Todo o planeta” xa pode gozar do Nadal de Vigo

A cidade de Vigo acendeu este sábado as súas luces para dar comezo así...