InicioPolíticaO BNG de Vigo pide ao goberno local "un plan de continxencia...

O BNG de Vigo pide ao goberno local “un plan de continxencia para enfrontar a segunda onda” da pandemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo reclamou este martes ao goberno local da cidade que poña xa en marcha un “plan de continxencia” para enfrontar “a segunda onda” da pandemia de coronavirus que, á vista dos datos, “está ás portas ou xa aquí”, e para que a cidade estea “preparada”, con servizos públicos reforzados e con atención aos máis vulnerables.

Así o trasladou o concelleiro nacionalista Xabier Pérez Igrexas, quen advertiu de que, durante a crise sanitaria entre marzo e maio, as administracións actuaron con “improvisación” e “falta de planificación”. “Pero agora xa temos datos, experiencia e sabemos o rápido que se pode complicar a situación. Aprendamos a lección da primeira onda de contagios”, reclamou.

Por iso, pediu a todas as administracións que actúen “con dilixencia, rapidez e contundencia”. Así, lembrou que o BNG xa reclamou declarar o estado de emerxencia sanitaria en Galicia, a unha Xunta “absolutamente ausente, incapaz de exercer as súas competencias” e que “agora pide ao Goberno español que lle resolva a papeleta”.

No caso do Concello de Vigo, Xabier Pérez Igrexas pediu un “plan de continxencia” que inclúa o reforzo de mecanismos de prevención e a garantía da subministración de servizos públicos básicos, así como o apontoamento dos mecanismos de atención a persoas vulnerables.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...