InicioPolíticaVox enche con 10.000 globos de plástico as rúas galegas baixo o...

Vox enche con 10.000 globos de plástico as rúas galegas baixo o lema #GaliciaÉverde

A formación colocou 10.000 globos durante esta madrugada para anunciar o mitín de campaña de Santiago Abascal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sorpresa e indignación pola aparición de máis de 10.000 globos verdes nas principais cidades galegas baixo o cancelo #GaliciaÉverde

“Centenares de gallegos han adornado esta noche los lugares más emblemáticos de las principales ciudades de nuestra comunidad, que amanecerán hoy adornadas con más de 10.000 globos. Pronto desvelaremos más detalles.

En paralelo a este comunicado, as redes fixéronse eco das imaxes pero nun sentido non positivo se non de indignación pola contaminación que estes 10.000 globos supoñen para o medioambiente, e que coa chegada da borrasca que mantén en alerta amarela por vento as provincias de A Coruña e Lugo, moitos deles terminarán polo chan ou flotando no mar.

Desde a formación política non aclaran se se farán cargo de retiralos unha vez finalizado o acto de campaña en Mos

O galego, pero só como reclamo electoral

Santiago Abascal no arranque da campaña en Galicia | Foto @vox_es
Santiago Abascal no arranque da campaña en Galicia | Foto @vox_es

O material publicitario de VOX utiliza o cancelo #GaliciaÉverde en galego, pero no resto da súa campaña, nin rasto do idioma propio de Galicia, salvo nas verbas da aboa de Santiago Abascal dirixíndose en galego ao propio presidente da formación, nun video lanzado ao público asistente ao mitín da formación política.

Galicia un “apartheid lingüístico”. O partido de extrema dereita presentaba o pasado mes de febreiro unha proposición non de lei no Congreso dos Deputados para, segundo din, garantir a “obligación” de todos os españois de coñecer o castelán sobre todo nos “territorios que cuenten con otra lengua cooficial”.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...