InicioPolíticaO BNG insta o goberno local de Vigo a reforzar as liñas...

O BNG insta o goberno local de Vigo a reforzar as liñas de transporte urbano nas que se rexistran máis pasaxeiros

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) instou ao goberno local de Vigo a reforzar as principais liñas de transporte urbano para reducir o número de persoas que viaxa en cada autobús.

En declaracións remitidas aos medios, o portavoz local da formación, Xabier P. Igrexas, avogou por que se verifique a homologación dos biombos que se comezaron a instalar na zona dos autobuses reservada para os condutores. Ademais, Igrexas apostou por que se manteñan os servizos hixiénicos adoptados para o persoal condutor da concesionaria do transporte urbano, Vitrasa.

Adicionalmente, o tamén edil do BNG na corporación municipal insistiu na necesidade de que se analice a posibilidade de estudar a instalación de lectores de cartóns moedeiro na porta traseira dos vehículos para reducir o acceso á parte frontal, onde se sitúa o persoal condutor.

ÚLTIMAS

‘Eterno 10’: así se chama a escultura de Iago Aspas que se instalará xunto ao estadio de Balaídos

Hai futbolistas que transcenden os resultados dun partido, os títulos e as estatísticas para...

A Seguridade Social responsabiliza Stellantis por unha doenza profesional en Vigo e impón un recargo do 30 % nas prestacións

A saúde laboral volve situarse no centro do debate sobre as condicións de traballo...

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...