InicioSociedadeVila Nova de Cerveira e Tomiño seguen a estreitar lazos unha década...

Vila Nova de Cerveira e Tomiño seguen a estreitar lazos unha década despois

PUBLICADO O

- Advertisement -

Co obxectivo de aproximar cada vez máis as comunidades e abolir as dificultades
de fronteiras aínda existentes, Vila Nova de Cerveira e Tomiño están a potenciar o fenómeno transfronteirizo, presentándose como un símbolo da cooperación europea.

A 11 de xuño de 2004, a creación da Ponte Internacional sobre o Miño afirmou a centralidade e conetividade dun territorio común. Unha década despois, os dous gobernos autónomos avanzaron coa sinatura da “Carta da Amizade” para afondar lazos sociais, culturais e deportivos.

A Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño impulsou unha maior participación pública, pola dinamización de eventos en conxunto, mais sobre todo pola creación de mecanismos como a figura de provedora transfronteiriza e o Orzamento Participativo Transfronteirizo.

“Teñen sido catro anos de excelentes relacións institucionais entre ambas as comunidades. O obxectivo é continuar este camiño cóbado con cóbado en prol de dous países, un destino“, asegura Fernando Nogueira, alcalde cerveirense.

Á súa vez, a alcaldesa de Tomiño, Sandra Gonzalez, subliña que “non se poden correr
riscos, e o río Miño ten que ser dinamizado e protexido a nivel turístico como espazo natural. Queremos ser unha referencia, un exemplo de cooperación”.

Dando un paso máis de afirmación na cooperación transfronteiriza, os dous gobernos autónomos están a concretar as dilixencias necesarias para a constitución da Eurocidade Cerveira-Tomiño, sendo o proxecto máis desenvolvido o parque natural transfronteirizo Castelinho- Fortaleza, entre o Parque de Lecer do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) e do Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño), a través da conexión das dúas marxes por unha ponte peonal e ciclista sobre o río Miño, cuxo Concurso Internacional de Ideas xa está se encontra na segunda fase.

Ademais, arranca hoxe luns o III Simposio Internacional de Escultura do Río Miño, con seis escultores internacionais que, durante 20 días, van traballar ao vivo e en interacción co público, seis pezas escultóricas, en pleno Espazo Fortaleza en Goian, Tomiño, até 30 de xuño.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...