InicioPolíticaO BNG promete traballar para que se cumpran os acordos da AP-9

O BNG promete traballar para que se cumpran os acordos da AP-9

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, trasladou este venres aos veciños de Teis (Vigo) e Chapela (Redondela) o seu compromiso de traballar "para que se cumpran" os acordos de investidura relativos á AP-9 e, entre eles, a supresión da peaxe de Redondela a Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, trasladou este venres aos veciños de Teis e Chapela o seu compromiso de traballar “para que se cumpran” os acordos de investidura relativos á AP-9 e, entre eles, a supresión da peaxe de Redondela a Vigo.

Segundo explicou o deputado nacionalista, tras manter un encontro de traballo con representantes veciñais destas parroquias, así como con veciños de Trasmañó, a presenza do BNG de novo na Cámara Baixa serviu para poder, no acordo de investidura co PSOE, “facer fincapé” na situación da AP-9.

Rego sinalou a importancia de “invertir a tendencia dos últimos 40 anos”, dun viario con constantes subidas na peaxe, que son “unha carga” para as persoas e “un lastre” para o desenvolvemento económico de Galicia, co agravante de que a autoestrada ten a concesión prorrogada.

“Non imos permitir que o noso país continúe agraviado e discriminado”, proclamou o deputado do BNG e, nese contexto, informou os representantes veciñais dos acordos alcanzados nese pacto de investidura: eliminación da peaxe de Redondela, bonificación do cento por cento para usuarios recorrentes, e que o Estado asuma, vía Presupostos Xerais, o impacto das subidas de peaxe vinculadas aos convenios asinados en 2011 (por un goberno do PSOE) e 2013 (por unn goberno do PP).

Néstor Rego afirmou que o BNG “vai continuar traballando para que se cumpran” os acordos, así como para conseguir a gratuidade total da autoestrada e a transferencia a Galicia.

“ESPERAMOS CONCRECIÓN, NON MÁIS ESCUSAS NIN DEMORAS”

Pola súa banda, o portavoz da Asociación de Veciños de Teis, Anxo Iglesias, valorou o acordo alcanzado polo BNG, pero apuntou que “agora o importante é que se cumpra”, e lembrou que tanto esta entidade como a Asociación de Veciños de Chapela xa solicitou unha reunión co ministro Ábalos para “que concrete o prazo de supresión” da peaxe de Redondela.

“É unha reivindicación unánime, esperamos concreción, non hai máis escusas nin demoras, o que ten que haber é vontade política”, recalcou, á vez que advertiu de que os veciños de Teis e os de Chapela “non van abandonar as reivindicacións e mobilizacións” ata lograr ese obxectivo.

Mentres, o representante dos veciños de Chapela, Marcial Pérez, engadiu que, ademais da supresión da peaxe, e da conversión da autoestrada en viaria urbano desde as Torres de Padín, esta parroquia redondelana segue esixindo que se cumpran as melloras recollidas na addenda do convenio de ampliación a autoestrada (medidas contra a contaminación acústica e outras melloras).

Finalmente, Marcial Pérez reclamou “a todos os parlamentarios galegos, sexan do partido que sexan” que “presionen” para que os acordos sobre a AP-9 “queden plasmados nos Orzamentos Xerais do Estado para 2020”. “Non vale só con dicir que están de acordo connosco no Parlamento galego, nos concellos, etc. Á hora de mollarse, que voten pola xente que os votou“, proclamou.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...