InicioPolíticaFeijóo acusa a Concello de Tui e Deputación de Pontevedra de eludir...

Feijóo acusa a Concello de Tui e Deputación de Pontevedra de eludir responsabilidades trala explosión

Os veciños amósanse descontentos coas solucións expostas ata o momento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu que o Goberno galego “non deixará desamparadas” ás persoas afectadas pola grave explosión de Tui. “A Xunta vai facer o que corresponde”, sentenciou Rueda, nun acto na Estrada.

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remarcou que a Xunta é “a única administración pública que dixo si ás axudas”. “Hai outras administracións públicas, as de local e provincial, que parece que non teñen ningunha responsabilidade”, engadiu o presidente.

Manifestouno, despois de ser preguntado acerca de se as axudas poderían reformularse para evitar que os afectados teñan que adiantar o diñeiro e sufrir un impacto fiscal. E é que, após a reunión que tivo lugar en Tui, os veciños mostráronse descontentos coas solucións expostas.

A este respecto, Feijóo subliñou a rapidez coa que actuou o seu Goberno, á vez que garantiu que “o único límite” que ten a Xunta é “o cumprimento da lei”. Máis aló, indicou que haberá que ver cada caso e cruzar os datos da súa situación socioeconómica coa axuda á vivenda.

“Hoxe foi a primeira reunión, hai ver cada caso. Onte a última hora pasaron a listaxe de familias e a inmensa maioría tiñan seguro, imos seguir falando con elas“, reflexionou o xefe da Executiva.

Tamén Rueda aludiu á reunión cos veciños de Tui e apuntou que o primeiro é axudar ás familias, e apuntou que “o máis urxente” é “darlles un sitio para vivir” mentres “non poidan retornar aos seus fogares”, e despois “informarlles sobre as axudas que se lles poderían dar para a reconstrución das súas casas ou para cubrir os danos” dos inmobles.

“Pero a Xunta atenderá ás persoas”, garantiu o vicepresidente, quen ratificou que xa están “moi avanzadas as tarefas de desecombro”, á vez que celebrou que non aparecesen máis vítimas mortais. “Agora toca atender ás familias”, remarcou.

“QUE NON VOLVA A REPETIRSE”

Núñez Feijóo, pola súa banda, após ser preguntado acerca de se pode confirmar cantos quilos de explosivos había almacenados no lugar que rexistrou a explosión, contestou que esa información “lle corresponde á Garda Civil”.

Esgrimiu que a Xunta non pode “suplantar competencias alleas”, aínda que si ratificou que “o confirmado” é que o almacén “era ilegal e clandestino”. Nel, produciuse unha explosión “que, lamentablemente, tivo como resultado dúas mortes e dous nenos orfos de pai e nai”.

En todo caso, esgrimiu que os feridos evolucionan “ben” a pesar de que os nenos se atopan “cun shock emocional evidente”. “Pero o que nos preocupa é que non volva repetirse”, pediu, antes de lembrar que se inspeccionarán as pirotécnicas instaladas en Galicia co fin de “dar seguridade aos cidadáns”.

 

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...