InicioPolíticaO PSdeG confunde a Abel Caballero co seu sobriño Gonzalo e nomea...

O PSdeG confunde a Abel Caballero co seu sobriño Gonzalo e nomea por erro o alcalde de Vigo portavoz no Parlamento galego

Chanzas do PP a conta deste erro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario Socialista enviou un escrito á Mesa do Parlamento de Galicia no que rexistra, por erro, a Abel Caballero como novo portavoz parlamentario en lugar da o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

No documento remitido á Mesa e asinado dixitalmente polos deputados socialistas, o PSdeG comunica por erro ao alcalde de Vigo como novo portavoz, quen é, á súa vez, tío do xefe de filas dos socialistas galegos.

Fontes socialistas restaron importancia a este fallo e explicaron que se tratou dun “erro humano” que “aos 20 minutos xa estaba solucionado”.

Aínda que durante anos as discrepancias políticas caracterizaron a relación entre o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu sobriño, Gonzalo Caballero, na actualidade ambos enterraron estas diferenzas.

O erro non tardou en ser difundido por diferentes cargos do PP a través das redes sociais, como o propio vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda.

O pasado sábado, a executiva do PSdeG abordou o nomeamento de Gonzalo Caballero, como novo portavoz na Cámara galega aínda que manterá a súa axenda como xefe de filas da formación.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...