InicioPolíticaO BNG comprométese a "facer valer Vigo" no Congreso e pide o...

O BNG comprométese a “facer valer Vigo” no Congreso e pide o voto para que Galicia “recupera a voz”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG comprometeuse este mércores a “facer valer Vigo” no Congreso a partir das eleccións xerais do próximo domingo, polo que pediu o voto para que Galicia “recupera a voz e o voto en Madrid”.

Así o asegurou o candidato número dous por Pontevedra, Xesús L. Carreira, que compareceu en rolda de prensa acompañado pola exdiputada e candidata Olaia Fernández Davila e o portavoz municipal nacionalista, Xabier P. Igrexas.

Carreira apelou a “sumar en positivo co BNG” fronte ao “fracaso das forzas políticas estatais”, polo que criticou que no últimos catro anos leváronse a cabo catro eleccións e que se mantivesen “practicamente intactas” as reformas laborais, de negociación colectiva, das pensións e da LOMCE, entre outras.

Tal como recolleu nun comunicado o BNG vigués, o candidato nacionalista denunciou a “total invisibilidade” de Galicia na axenda política española por non ter representación “soberana e sen máis subordinación nin dependencia que aos intereses dos galegos”.

ÚLTIMAS

A Xunta Electoral dá a razón ao PP e advirte a Caballero polas súas críticas políticas nun acto municipal

A fronteira entre a información institucional e a confrontación política volve situarse no centro...

Unha maleta chea de armas en Peinador destapa unha rede que fornecía pistolas a narcotraficantes das Canarias

Unha maleta aparentemente convencional, un pasaxeiro disposto a embarcar e un cargamento de armas...

Os Tedax acoden ao Cunqueiro por unha maleta abandonada que tiña roupa

Axentes da Policía Nacional especializados na desactivación de artefactos explosivos (Tedax) desprazáronse na mañá...

O crime de Lavadores terá que esperar: suspenden o xuízo contra o home acusado de matar a súa irmá a coiteladas no 2024

O xuízo polo asasinato de Mari Carmen, a muller que morreu a coiteladas en...