InicioPolíticaO PP de Vigo critica que Caballero "minta aos usuarios do Imserso",...

O PP de Vigo critica que Caballero “minta aos usuarios do Imserso”, xa que a oferta “está adxudicada ata 2022”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz popular do Concello de Vigo, Alfonso Marnotes, criticou este mércores que o alcalde, Abel Caballero, “minta aos viaxeiros do Imserso” cando lles asegura que a próxima tempada sairán máis avións desde Peinador ou que os buses partirán de Vigo, xa que a oferta “está conxelada e adxudicada ata 2022”.

“O alcalde di que o ano que vén a licitación xa será completamente distinta. Pois ben, o actual concurso acábase de adxudicar por dúas tempadas, 19/20 e 20/21 , así que non haberá concurso ata dentro de dous anos como mínimo e poida que ata dentro de catro ou cinco se decide prorrogar o contrato”, indicou Marnotes nunha rolda de prensa, segundo recolle o PP nun comunicado.

Ademais, Abel Caballero afirmou que confiaba no aumento da oferta de voos en Peinador se se cancelan as viaxes a Cataluña. “Outra mentira. A día de hoxe as viaxes a Cataluña están vendidos nun 90% desde aquí. Por tanto, esta posibilidade non se dá. É máis, o Imserso xamais incrementou a oferta duns destinos porque caia a demanda noutros”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

A conexión mediante o Tren Celta a entre Vigo e O Porto volverá a funcionar a partir de decembro

O Eixo Atlántico informou de que o Tren Celta, que une as cidades de...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Deteñen un home en Vigo por causar lesións a outra persoa durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o pasado fin de semana a un...