InicioPolíticaAbel Caballero valora a proposta de Pedro Sánchez de que goberne o...

Abel Caballero valora a proposta de Pedro Sánchez de que goberne o partido máis votado

O alcalde de Vigo eloxia o papel do presidente en funcións no debate entre candidatos celebrado este luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, valorou a proposta de Pedro Sánchez de que goberne o partido máis votado no caso de que non haxa maioría ou acordo para unha investidura, á vez que eloxiou o papel do presidente en funcións no debate entre candidatos celebrado este luns.

O rexedor olívico destacou que o candidato do PSOE puxo sobre a mesa fórmulas para “facer fronte a situacións políticas complexas”, como a de Cataluña, expondo a penalización dos referendums ilegais.

Así mesmo, subliñou que tamén propuxo “unha fórmula para desbloquear” a situación do país no caso de que non haxa maiorías nin un acordo para unha investidura, e que se permita gobernar ao partido máis votado. “Paréceme unha moi boa proposta, e é o que funciona nos concellos”, engadiu.

Abel Caballero puntualizou, no entanto, que non é certo que esta proposta xa a fixo antes o PP. “O PP expuña que, ao que tivese a lista máis votada, se lle dése a maioría. Sánchez di que a lista máis votada teña a investidura, e a maioría tense que buscar despois”, precisou.

Por outra banda, o alcalde reiterou o seu desexo de que Pedro Sánchez “siga sendo presidente do Goberno” porque “cumpriu coa cidade” de Vigo e, ademais, subliñou que, durante o debate, actuou como “un presidente de Goberno”, con “propostas para gobernar España durante 4 anos”. “Foi o único que falou dun proxecto de catro anos en ámbitos como a economía, a política social, ou a cohesión territorial”, resolveu.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...