InicioPolíticaO BNG critica a "manobra antidemocrática" de Abel Caballero por "excluír" o...

O BNG critica a “manobra antidemocrática” de Abel Caballero por “excluír” o Bloque do Consello Social

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG Xabier P. Igrexas criticou a “manobra antidemocrática” que supón, ao seu xuízo, que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “excluíse” o Bloque do Consello Social municipal que se convocou este xoves.

Igrexas denunciou que Caballero “lle impedise” formar parte do “principal organismo consultivo” que ten o concello. “Deixa a case 8.500 vigueses que votaron ao BNG e que me fixeron concelleiro sen voz”, lamentou.

Para el, trátase doutra “manobra antidemocrática” que se suma á “deriva permanentemente antidemocrática” que define, segundo o nacionalista, “a forma de gobernar de Abel Caballero”.

Neste sentido, preguntou “que teme” o alcalde e “por que quere silenciar” o BNG. “Ningún comportamento autoritario vai silenciar o Bloque. Quen decide que o BNG teña presenza en Vigo son os vigueses”, sentenciou Xabier P Igrexas.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...