InicioPolíticaOs socialistas vigueses reivindican as accións de Sánchez na cidade, que...

Os socialistas vigueses reivindican as accións de Sánchez na cidade, que “continuarán” se é reelixido

"Estas eleccións son moi importantes para Vigo. Con Pedro Sánchez todo vai continuar adiante, e garántoo eu. Sen Sánchez, volverano a meter todo nun caixón" declarou o alcalde Abel Caballero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Vigo repatirá, con motivo das próximas eleccións xerais, un díptico no que se reinvidican as accións levadas a cabo na cidade polo Goberno central nos últimos 15 meses, e que “van continuar” se Pedro Sánchez repite como presidente, segundo garantiu o alcalde, Abel Caballero.

Precisamente, foi o rexedor olívico o encargado de presentar ante os medios este mércores ese folleto, acompañado polas candidatas Olga Alonso e Ángeles Marra. Segundo incidiu Abel Caballero, nesta próxima campaña electoral o partido non falará de cuestións nacionais na cidade, senón “do que se fixo en Vigo desde que Sánchez é presidente”. “Querémolo enfocar todo desde Vigo”, recalcou o rexedor.

A ese respecto, presentou un díptico no que se repasan actuacións que, ao seu xuízo, foron paralizadas polo Goberno “de Ana Pastor e Mariano Rajoy” e que Pedro Sánchez “desbloqueou”, como a estación de Urzáiz, o AVE por Cerdedo, o estudo sobre o abastecemento de auga, a nova autovía Vigo-O Porriño, os novos accesos á AP-9 desde a Avenida de Buenos Aires, a biblioteca de Teis e a Biblioteca do Estado, a cesión do paseo de Bouzas, ou a reforma da Avenida de Madrid, entre outros proxectos.

“Estas eleccións son moi importantes para Vigo. Con Pedro Sánchez todo vai continuar adiante, e garántoo eu. Sen Sánchez, volverano a meter todo nun caixón”, proclamou, e lembrou que este folleto leva por título ‘Pedro Sánchez, o presidente que máis fixo por Vigo en democracia’.

Segundo proclamou o alcalde, o que se recolle nese díptico “son feitos, e o demais é verborrea política de partidos que nunca viron para Vigo e nin sequera encabezan as súas listas con candidatos de Vigo”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...