InicioPolíticaAbel Caballero acusa a 'mareas' e BNG de oporse ao avance de...

Abel Caballero acusa a ‘mareas’ e BNG de oporse ao avance de Vigo “obedecendo aos seus xefes en Santiago”

O alcalde de Vigo asegurou que as 'mareas' "estiveron en contra" da ampliación da planta de PSA Peugeot Citroën. En canto ao BNG, denunciou que se opón "ás bolsas de inglés, á humanización de Porta do Sol, e non queren axudas ao aeroporto" de Peinador.

PUBLICADO O

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este mércores contra Marea de Vigo-Son en Común e contra o BNG, aos que acusa de oporse “ao avance da cidade”, “obedecendo instrucións políticas dos seus xefes en Santiago”. Así o manifestou o rexedor olívico nunha rolda de prensa, na que criticou duramente a posición destas dúas formacións políticas en diversas cuestións.

Por unha banda, asegurou que as ‘mareas‘ “estivo en contra” da ampliación da planta de PSA Peugeot Citroën, dos desenvolvementos terciarios de Cruceiro e Recaré (onde se construirán zonas comerciais), do Auditorio Mar de Vigo, da Ave por Cerdedo, do proxecto Vigo Vertical, das ramplas eléctricas de Gran Vía, da reforma de Porta do Sol e do transvasamento do río Verdugo, “e votaron sempre en contra dos orzamentos”.

En canto ao BNG, denunciou que se opón “ás bolsas de inglés, á humanización de Porta do Sol, e non queren axudas ao aeroporto” de Peinador. Segundo o alcalde, o seu “posicionamento continuo en contra de Vigo” débese a que están “a obedecer instrucións políticas dos seus xefes en Santiago”, e puxo como último exemplo desa actuación o ocorrido no pleno deste martes, no que o BNG se abstivo e Marea votou en contra da modificación puntual da PXOM para impulsar a transformación do Barrio do Cura. “e despois virán pedir o voto”, ironizou Caballero.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...