Galicia en Común denuncia a venda de Povisa a Ribera Salud, controlada polo fondo de investidor norteamericano Centene, por “22 millóns de euros”, que é unha terceira parte do custo anual do concerto co Sergas para a atención de 135.000 pacientes da sanidade pública.
A isto suma a portavoz de Galicia en Común, Yolanda Díaz, cinco millóns en fármacos, o concerto da especialidade de maxilofacial e a unidade de queimados.
Díaz denuncia que, “unha vez máis, o PP está a favorecer os intereses privados da sanidade e non a favor da defensa da sanidade pública”.
Súmase ás voces que reclaman o “rescate” do hospital vigués por parte do Sergas.