InicioPolíticaAbel Caballero contesta a Mouriño e proclama que en dez anos seguirá...

Abel Caballero contesta a Mouriño e proclama que en dez anos seguirá acudindo como alcalde ao palco do Celta

A oposición tacha de "espectáculo lamentable" a escena de tensión entre concelleiros e o presidente do club.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, proclamou este mércores que “ao palco de Balaídos vaise a apoiar ao Celta”, e asegurou que seguirá indo en próximos partidos e, mesmo “dentro de dez anos”, cando aínda será alcalde, seguirá “ocupando o palco” do estadio municipal e animando ao equipo.

Así respondeu o rexedor olívico ás preguntas dos medios sobre os momentos de tensión vividos na tribuna de Balaídos antes do encontro Celta-Barcelona, cando o presidente do clube celeste escenificou o seu desencontro co goberno local negándose a compartir asento con Caballero e mesmo advertindo a Carmela Silva de que non ocupase as prazas que lle corresponden a el como presidente.

“Eu a Balaídos vou ver ao Celta, a ver fútbol, é o que fago no palco desde que son alcalde”, afirmou Abel Caballero, quen lembrou que ocupou ese asento mesmo cando o equipo vigués estaba en segunda división “e non había moita xente” nesa parte da bancada.

“E seguirei indo ao palco, estarei no próximo e en tódolos partidos. Dentro de 10 anos seguirei sendo alcalde, ocupando o palco e apoiando ao Celta“, aseverou, e insistiu: “Ao palco vaise a apoiar ao Celta, e os que crean que van a outra cousa equivócanse”.

ACTITUDE “PREPOTENTE” E “SOBERBIA”

Pola súa banda, o grupo municipal do PP lamentou que o rexedor perdeu a “oportunidade” de “reconducir” as malas relacións co presidente do clube. “Como sempre, recorre á confrontación. Foi ao partido a azuzar o conflito, a botar gasolina ao lume, en actitude de provocación, con soberbia e prepotencia, no canto de buscar o diálogo e o entendemento”, denunciou o concelleiro Miguel Fidalgo.

Segundo lembrou, o enfrontamento entre goberno municipal e Carlos Mouriño ten a súa orixe nas “promesas incumpridas” do alcalde, e nunha reforma do estadio municipal que “non atende ás necesidades nin dos cidadáns nin do Celta“. “Así non se vai a ningún lado”, sentenciou o edil ‘popular’.

“ESPECTÁCULO LAMENTABLE”

Mentres, o grupo municipal Marea de Vigo tachou de “espectáculo tremendamente lamentable” a escena de tensión protagonizada por alcalde e presidente celeste. “O de onte foi un esperpento, forma parte desta actitude de patio de colexio, e de falta de responsabilidade das dúas partes”, sinalou Rubén Pérez Correa.

O portavoz de Marea expresou as súas sospeitas de que, tralo o enfrontamento entre Caballero e Mouriño, subxace a posibilidade de que “o Celta non queira pagar o canon de 890.000 euros anuais” que formaría parte da concesión do estadio.

A ese respecto, Pérez Correa lembrou que “había certo acordo” e que éste se escenificou nun acto en Vigo, con presenza de Caballero, Mouriño, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o propio Feijóo. Así, estaban canalizados tanto a construción da cidade deportiva no municipio veciño, como a concesión do estadio.

O portavoz de Marea advertiu de que “se Concello e Celta non se poñen dacordo, os únicos agraviados serán os cidadáns de Vigo e da provincia” que, cos seus impostos, estiveron financiando a reforma do estadio. Así, lembrou que o canon anual que o Concello lle cobraría ao clube, sería “a única forma de que se garanta o retorno do investimento ás arcas públicas (neste caso, municipais)”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...