InicioPolíticaAbel Caballero valora a súa reelección como presidente da FEMP como un...

Abel Caballero valora a súa reelección como presidente da FEMP como un “recoñecemento” ao traballo en Vigo

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, afirmou este venres que a súa reelección como máximo responsable do órgano municipalista é un "recoñecemento" ao seu traballo como primeiro edil da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, afirmou este venres que a súa reelección como máximo responsable do órgano municipalista é un “recoñecemento” ao seu traballo como primeiro edil da cidade olívica.

Caballero lembrou que esta fin de semana se converterá no segundo presidente da FEMP reelixido tras catro anos (a outra presidenta que repetiu foi Rita Barberá), tendo en conta que o PSOE o designou novamente como candidato.

“Dado que o PSOE gañou de longo as eleccións municipais, con toda certeza vou resultar elixido, e enténdoo como un recoñecemento ao traballo nesta cidade, recoñecemento de miles de alcaldes que me van votar”, proclamou

Abel Caballero, quen subliñou que o seu goberno obtivo o maior apoio electoral conseguido nunca en Vigo (un 67,6 por cento de votos e 20 edís de 27 posibles), concluíu que a cidade “é un modelo de actuación”.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...