InicioPolíticaGonzalo Caballero destaca que o alcalde de Vigo conta co apoio do...

Gonzalo Caballero destaca que o alcalde de Vigo conta co apoio do PSdeG para volver presidir a FEMP

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, conta co apoio do Partido Socialista de Galicia para volver presidir a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Gonzalo Caballero pronunciouse deste xeito ao ser preguntado polos xornalistas sobre a disposición mostrada polo rexedor olívico para repetir no cargo de cara á próxima asemblea da FEMP que terá lugar este mes de setembro.

Na súa intervención, o xefe de filas do PSdeG lembrou que os socialistas galegos obtiveron “uns resultados históricos” nas pasadas eleccións municipais, tras as que gobernan en “tres das catro deputacións” e en “cinco das sete cidades galegas”. Ademais, incidiu en que Abel Caballero revalidou a súa maioría cun resultado “aínda máis notorio”.

“En Vigo alcanzamos un magnífico resultado, o alcalde de Vigo é un alcalde de referencia, que fixo unha magnífica tarefa á fronte da FEMP e que conta co apoio do PSdeG se a dirección federal o considera como candidato á reelección na FEMP”, destacou nunha intervención na que asegurou que o PSdeG está “totalmente aliñado” coa dirección federal.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...