InicioPolíticaRueda replica a Caballero que non acepta "esixencias e ultimátums" para negociar...

Rueda replica a Caballero que non acepta “esixencias e ultimátums” para negociar coa Xunta

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, replicou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, que o Goberno galego ten “a man tendida” para negociar co Consistorio vigués, pero que estas conversacións non poden estar condicionadas a “esixencias e ultimátums“. “Negociación toda, esixencias e ultimátums, ningún”, resumiu.

Desta forma respondeu Rueda a preguntas dos xornalistas sobre a carta que enviou Caballero á Xunta, na que indica que o diálogo está condicionado a que haxa mostras de “vontade” por parte do Executivo autonómico de saldar a “débeda histórica” coa cidade e “levantar vetos” sobre diversas actuacións.

Respecto diso, o vicepresidente galego lamentou que “pouco lle durou a boa vontade de negociar” ao rexedor olívico. “Mal empeza quen empeza condicionando unha negociación”, subliñou.

A xuízo de Alfonso Rueda, “non ten sentido” e, aínda que “haberá tempo de analizar a listaxe” que remitiu o alcalde, sinalou exemplos cos que non está de acordo, como a retirada da candidatura de Cíes ou do recurso á lei da área metropolitana. Por iso, concluíu cun chamamento a “falar”, tras insistir en que non ve “ningún sentido” na carta enviada “24 horas despois” de indicar que había vontade de diálogo. “Non o demostra”, resolveu.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...