InicioPolíticaFeijóo a Abel Caballero: “Levamos feito moito en Vigo e senón houbera...

Feijóo a Abel Caballero: “Levamos feito moito en Vigo e senón houbera atrancos do concello sería máis fácil”

Di que pode falar con todos os rexedores das grandes cidades menos co de Vigo. “Debería pensar se o diálogo é bo para Vigo. Nós si o pensamos”, asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu a aproveitar o Consello da Xunta para mandarlle un recado ao alcalde vigués. “Levamos feito moitas cousas e investimentos en Vigo con todos os atrancos impostos polo concello. Se non houbera atrancos pois fariamos eses investimentos máis rápidos e sería todo máis fácil”, dixo este xoves na rolda de prensa posterior á xuntanza do seu goberno.

Así, e preguntado polas declaracións de Abel Caballero que se mostrou disposto a falar con Feijóo, o presidente galego dixo que espera que esas declaracións “teñan efectos constatables”. “Gobernamos sempre a favor dos vigueses e sería máis fácil facelo co primeiro vigués, que é o seu alcalde”, destacou.

Por iso, Feijóo mostrou o seu desexo de que a oferta de Caballero “sexa posible”. “Comprobo en todas as entrevistas que estou tendo que é moi fácil dialogar cos alcaldes, tanto nacionalistas como socialistas… E se podemos falar con todos menos con un pois debería pensar se o diálogo é bo para Vigo. Nós si o pensamos”, indicou.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...