InicioPolíticaGonzalo Caballero: "Corina Porro é a delegada de Feijóo en Vigo"

Gonzalo Caballero: “Corina Porro é a delegada de Feijóo en Vigo”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejióo, de pór o “aparello da Xunta a disposición do Partido Popular” para tentar “salvar os mobles” en futuras convocatorias electorais.

Feijóo está moi asustado porque sabe que en todas as cidades os galegos dixéronlle que non e, por tanto, busca distintas opeacións mediáticas para poder salvar os mobles electorais cando non lle dan os votos”, asegurou en referencia aos resultados dos comicios xerais, municipais e europeos.

Tras iso, subliñou que Corina Porro “non é a delegada da Xunta en Vigo” senón que é “a delegada de Fejióo en Vigo”. “A señora Porro nunca defendeu os intereses da cidadanía de Vigo, nunca se opuxo a Feijóo para defender a Vigo contra as políticas de privatización da sanidade, contra as políticas de falta de investimento en Vigo”, apuntou.

Fronte a iso, asegurou que “a mellor forma de que Vigo conte para a Xunta é cambiar a un presidente que foi un gran inimigo de Vigo e dos intereses da cidadanía viguesa”. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...