InicioVal MiñorBaionaPSOE, BNG e Nós Baiona pechan o acordo de goberno que fará...

PSOE, BNG e Nós Baiona pechan o acordo de goberno que fará alcalde ao socialista Carlos Gómez Prado

Formarán un goberno tripartito con dez concelleiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

PSOE, BNG e Nós Baiona anunciaron formalmente este xoves o pacto que permitirá a constitución dun goberno tripartito nesta localidade do Val Miñor, que encabezará o socialista Carlos Gómez Prado, e que porá fin a 15 anos de gobernos do PP.

Gómez Prado agradeceu aos cabezas de lista de Nós Baiona, Luís Carlos de la Peña (quen foi alcalde socialista de Baiona entre 2003 e 2004), e do BNG, Iago Pereira, a súa “boa disposición” ao diálogo e a “facilidade” nas negociacións para “o cambio” en Baiona.

Así mesmo, leu unha declaración política na que os tres grupos lembran que conformarán un goberno de 10 concelleiros (un máis que a maioría absoluta), “avalado polo 55 por cento dos votos”, o que supón unha “base sólida e ampla” para traballar polo desenvolvemento territorial do municipio, a creación de emprego, e a “transformación” da administración local para que estea “máis envorcada na atención dos veciños”.

Segundo proclamaron PSOE, BNG e Nós Baiona “este acordo quere achegar estabilidade á xestión política”, cun “horizonte” para os catro anos de mandato, e os tres grupos son conscientes de que esixirá “un esforzo de responsabilidade, honestidade, dedicación e entrega”. “Tentaremos non defraudar as altas expectativas (…) queremos deixar claro que a prioridade son os veciños, as portas e xanelas do Concello estarán abertas desde o minuto un”, engadiu o futuro alcalde.

Finalmente, Gómez Prado apuntou que, antes de falar de dedicacións e áreas de goberno, haberá que comprobar en que situación se atopa a administración municipal.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...