InicioPolíticaLuís Villares sobre o caso de enchufismo dunha sobriña de Fraga: "Non...

Luís Villares sobre o caso de enchufismo dunha sobriña de Fraga: “Non pode haber nepotismo nas institucións”

PUBLICADO O

- Advertisement -

Luís Villares, voceiro de En Marea, pediu o cese da valedora do Pobo, Milagros Otero, despois de que o Tribunal Supremo rexeitase o recurso interposto pola institución ao fallo que anulou o nomeamento de María Puy Fraga, sobriña do expresidente Manuel Fraga e irmá do portavoz parlamentario do PPdeG, para un posto na defensoría galega, do que foi apartada pola propia defensora tras coñecerse o primeiro fallo xudicial.

Nun acto en Vigo, Villares, lembrou que a súa formación xa pediu o cesamento da valedora cando transcendeu o asunto e sinalou que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que esperaría a “que a decisión fose firme” para “tomar nota”. Ante iso e unha vez coñecido o fallo do Tribunal Supremo, o portavoz de En Marea volveu a reiterar a petición de cesamento. “Queremos que Feijóo cumpra coa súa palabra. Non pode haber nepotismo nas institucións”, manifestou Luís Villares.

Preguntado respecto diso, o maxistrado lucense en excedencia censurou que “a persoa encargada de facer valer os dereitos dos cidadáns ante as administracións sexa a primeira que os vulnera”. Por iso, avanzou que, de non producirse a dimisión, En Marea volverá esixir a súa cense no pleno da Cámara.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...