InicioPolíticaFotos e vídeos do pleno do día en Vigo: O PP fabrica...

Fotos e vídeos do pleno do día en Vigo: O PP fabrica unha Carmela Silva de cartón

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno deste mércores en Vigo estivo protagonizado por Carmela Silva, tanto pola súa ausencia como a súa presenza. O PPdeG que pedía a súa reprobación polo suposto enchufe a súa cuñada, decidiu contrarrestar a ausencia da edil cunha fotografía a tamaño real da presidenta da Deputación de Pontevedra que decidiron colocar nun dos sillóns do pleno.

Esta é a secuencia de imaxes:

 

Una edil popular saca a foto de Carmela Silva para colocala no pleno / Miguel Núñez
Outro edil recolle a foto para poñela en primeira fila do pleno / Miguel Núñez
Os concelleiros do PP, con Elena Muñzo á cabeza, sacan carteis co lema “Carmela Silva Dimisión” / Miguel Núñez

Durante a súa intervención, a voceira do PP, Elena Muñoz, criticou duramente a Silva por non estar presente no pleno extraordinario (tampouco o estivo na sesión ordinaria previa, por atoparse nun acto en Madrid), e concluíu que a concelleira socialista “está fuxida do pleno, o mesmo que tentou a súa cuñada para non comparecer no xuízo, que a tivo que ir buscar a Policía”.

Tras a súa primeira intervención, e cando empezaba a intervir o portavoz de Marea de Vigo, os concelleiros do PP colocaron un enorme cartel coa imaxe de Carmela Silva nun das cadeiras de brazos do salón de plenos, á vez que exhibían letreiros coa lema ‘Carmela Silva. Dimisión’. O cartel foi inmediatamente retirado por orde do alcalde, quen criticou o comportamento dos edís lembrándolles que estaban “no pleno do Concello”.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...