InicioPolíticaPP denuncia en Vigo o "abandono" do Goberno de Sánchez aos autónomos...

PP denuncia en Vigo o “abandono” do Goberno de Sánchez aos autónomos e a negativa a baixar impostos ás familias

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP denunciou este mércores desde Vigo o “abandono” do Goberno de Sánchez ás persoas traballadoras autónomas e a presión fiscal sobre as familias, que ven minguar o seu poder adquisitivo pola “debilidade dos salarios”.

Así o trasladaron os deputados por Pontevedra no Congreso, Irene Garrido e Pedro Puy, que lamentaron que o Executivo de Sánchez “non cumpre” nin coa UE nin coas persoas traballadoras e as familias, e sinalaron que “todo isto é unha mostra máis dun Goberno esgotado”. “Dános esperanza que, antes ou despois, un novo Goberno encabezado polo PP será quen dea resposta a estes problemas e reconduza a situación”, aseveraron.

A deputada Irene Garrido referiuse ás persoas autónomas, un colectivo “especialmente castigado”, nun contexto no que “España está sufrindo a maior presión fiscal da súa historia”. Ao respecto, criticou que o Goberno “aínda non incorporou ao ordenamento xurídico” o IVE franquiciado; que as persoas autónomas “non conseguen que as devolucións do exceso de cotizacións se produzan antes dos dous anos”; e que “non se recoñecen os ceses de actividade”.

“O problema é que, cando o Estado non fai os deberes, teñen que facelos as autonomías e suplir esa falta de actuación do Estado cos seus propios recursos”, indicou, e puxo como exemplo os apoios da Xunta de Galicia a este colectivo.

Pola súa parte, Pedro Puy lembrou que estamos ás portas do comezo do curso escolar “con moitos problemas” para as economías familiares. Así, este inicio de curso preséntase un 17% máis caro ca en 2019, segundo a OCU, e a propia OCDE recoñece que o problema da economía española “é a debilidade dos salarios”, que son “un 2% máis baixos ca en 2021”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...