InicioPolíticaO BNG de Vigo critica o "veto sectario" do PSOE a unha...

O BNG de Vigo critica o “veto sectario” do PSOE a unha declaración institucional polos 90 anos do golpe de estado

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo criticou o “veto sectario” dos socialistas á súa proposta de declaración institucional polos 90 anos do golpe de estado franquista, coa que os nacionalistas pretendían que o pleno condenase o ocorrido e recoñecese ás vítimas. Nun comunicado, o Bloque acusou ao grupo socialista de tombar esta iniciativa, xunto co PP, durante a xunta de portavoces deste mércores, “sen tratar ningunha alternativa ou emenda a pesar da disposición” do BNG para chegar a unha redacción de consenso.

“É unha demostración da falta de compromiso real coa memoria democrática“, apostilou o portavoz do BNG de Vigo, Xabier Pérez Igrexas, quen lamentou o “cinismo sen límites” do alcalde, Abel Caballero, por negarse a aprobar esta declaración cando se cumpren 90 anos do golpe militar de 1936, que deu paso a un “brutal xenocidio” e a unha “cruel ditadura”.

Igrexas criticou que o partido do alcalde de Vigo fusilado, Emilio Martínez Garrido, sexa “incapaz de actuar con coherencia, xenerosidade e altura de miras” ante esta cuestión. “Só produce tristeza”, engadiu, indicando que a defensa da democracia e contra o fascismo conta cun amplo apoio social en Vigo.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...