InicioPolíticaCaballero contra a Xunta pola seca: "Non queren que digamos que hai...

Caballero contra a Xunta pola seca: “Non queren que digamos que hai que construír outro encoro”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reafirmouse este luns na súa decisión de declarar a situación de prealerta por seca na cidade, e acusou a Xunta de pretender que non se adopten medidas de precaución, así como de querer silenciar a demanda de construír unha nova presa para aumentar a capacidade de almacenamento.

En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico insistiu en que a situación do encoro de Eiras está 8 puntos por debaixo das reservas de hai un ano, e reiterou que a prealerta é “un estado de atención” e a recomendación de facer un consumo responsable da auga.

Así, rexeitou as acusacións de “discurso apocalíptico” e insistiu en que se trata de “aplicar o sentido común”. “Porque nós estudamos os datos, claro”, asegurou, e lembrou que agora mesmo a situación de Eiras é a “segunda peor da historia”, só por detrás de 2011.

ÚLTIMAS

Un motorista morre nun accidente na Avenida do Aeroporto de Vigo

Un motorista faleceu na noite deste mércores en Vigo despois de sufrir un accidente...

Unha avaría eléctrica deixa sen luz uns 3.500 usuarios en Vigo

Unha avaría nunha liña eléctrica subterránea de media tensión provocou este xoves cortes na...

Aprazan o Celta-Osasuna ao 27 de agosto e levanta rebumbio

O RC Celta de Vigo informou do adiamento do seu partido ante o CA...

Falece un motorista nunha rotonda da Avenida do Aeroporto en Vigo

Un motorista perdeu a vida na noite deste pasado mércores en Vigo tras sufrir...