InicioPolíticaO BNG reclama máis persoal nos centros de saúde de Vigo para...

O BNG reclama máis persoal nos centros de saúde de Vigo para evitar outro verán de “colapso sanitario”

Xabier Pérez Igrexas alerta de esperas de ata 15 días para cita médica e advirte do risco de saturación do PAC e das urxencias hospitalarias se a Xunta non reforza os medios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O voceiro municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, esixiu á Xunta que reforce o persoal nos centros de saúde da cidade para evitar outro verán de “colapso sanitario”. Nun comunicado, os nacionalistas advertiron de que xa se están a alongar as esperas para cita médica, que nalgún caso alcanzan os 15 días, e alertaron do risco de saturación do punto de atención continuada e das urxencias hospitalarias. “Se non hai máis persoal nin máis medios, esta situación vai agravarse coa chegada do verán, repetindo o colapso que xa padecemos en anos anteriores”, lamentou Igrexas.

O voceiro nacionalista considera “especialmente preocupante” a situación na pediatría e reivindicou que os máis pequenos “precisan e merecen atención médica especializada todo o ano”, aínda que, segundo dixo, o PP “semella non entendelo”. “A enfermidade non toma vacacións e o dereito á saúde tampouco”, reivindicou Igrexas, acusando os populares de manter “unha nefasta política sanitaria de recortes e privatizacións”.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...