InicioCulturaO PPdeG reclama a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo como...

O PPdeG reclama a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo como espazo cultural de referencia

A Xunta e a Deputación impulsarán a rehabilitación con 10 millóns ata 2028, incluíndo museo e arquivo da memoria do inmoble.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo parlamentario do PPdeG reivindicou este mércores a recuperación do Teatro Cine Fraga de Vigo, co respaldo da Xunta e da Deputación de Pontevedra, como unha forma de devolver á cidade o seu peso no ámbito cultural. O deputado Xullo García Comesaña e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, trasladaron esta proposta na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia.

García Comesaña subliñou a importancia de rehabilitar unhas instalacións que constitúen “memoria da cidade”, lembrando que Vigo perdeu relevancia en termos de programación e infraestruturas culturais nos últimos anos. “Vigo non ten o nivel de actividade cultural que lle corresponde” por poboación e importancia, e carece dun espazo de referencia, déficit que a recuperación do Fraga permitirá corrixir.

O director xeral da Cultura destacou que a intención da Consellería é converter o Teatro Cine Fraga nun espazo de referencia, non só de exhibición, senón tamén de experimentación, diálogo coa cidadanía e promoción cultural. Tras a adquisición do inmoble, iniciouse un proceso de diálogo con entidades locais que deu lugar a un plan de usos centrado en música, audiovisual, artes escénicas e literatura.

O edificio tamén incluirá un espazo musealizado sobre a súa historia e un arquivo da memoria, con documentos gráficos e audiovisuais sobre o Teatro e o empresario Isaac Fraga Penedo. A Xunta destinará 10 millóns de euros ata 2028 para a rehabilitación. Nas próximas semanas presentarase o proxecto básico e, no primeiro trimestre de 2026, o definitivo, coa intención de licitar as obras a mediados dese ano

ÚLTIMAS

Caballero responsabiliza á Xunta polo mal estado das válvulas da presa de Eiras

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou que a responsabilidade do mantemento e substitución...

O plan de control sobre o caudal dos ríos pon o foco en Vigo, Redondela, Gondomar e Cee tras as últimas choivas

A Xunta mantén activo o Plan de control sobre o caudal dos ríos con...

Vigo acende as luces do “Nadal máis importante do mundo” este sábado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que este sábado, día 15 de novembro,...

Vigo, a grande urbe de Galicia supera xa os 304.000 habitantes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou que a cidade superou os 304.000 habitantes...