InicioPolíticaCaballero carga contra Rueda polo 'non' á Facultade de Medicina en Vigo:...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo acusa ao presidente da Xunta de manter a capitalidade universitaria en Santiago “como na Idade Media” e avisa de que “Vigo vaille pasar factura” por negarlle os estudos de Medicina.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por “dicir que non” a unha Facultade de Medicina para a cidade olívica, e advertiu de que “se equivoca gravemente” e “a cidade vaille pasar factura”. Nunhas declaracións remitidas aos medios, o rexedor denunciou que Rueda se refira a manter unha única facultade, con docencia descentralizada, como “o mellor que lle pode pasar a Galicia”.

“Por que? Por que é o mellor?”, cuestionou o alcalde de Vigo, que preguntou se se equivocaron noutras Comunidades, como Cataluña, Madrid ou Andalucía, onde hai máis dunha Facultade de Medicina. “Queremos e imos ter unha Facultade de Medicina”, proclamou Abel Caballero, que reprochou a Rueda que “insulte” e cualifique de “localismo” esta reclamación, antes de lembrar que “Vigo é moito máis grande que Santiago” e “a xente quere estudar Medicina en Vigo, na súa casa”.

Para o rexedor olívico, a posición do presidente autonómico supón defender un “privilexio feudal”, o de que “todo sexa en Santiago”. “Iso era na Idade Media”, engadiu, e insistiu en que Vigo é a maior cidade de España sen facultade de Medicina. Finalmente, advertiu a Alfonso Rueda de que “se equivoca gravemente” con Vigo nesta cuestión e “a cidade vaille a pasar factura”.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...