InicioPolíticaVigo aproba un Plan de Acción contra o Ruído cun investimento de...

Vigo aproba un Plan de Acción contra o Ruído cun investimento de 26 millóns de euros

O goberno de Vigo dá luz verde ao convenio coa Deputación para reformar a piscina de Teis, pechada desde 2022

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Gobern o Local de Vigo aprobou este venres a revisión do Plan de Acción contra o Ruído, cun investimento previsto de 26 millóns de euros para o próximos cinco anos, aínda que o alcalde, Abel Caballero, asegurou que superará os 100 millóns.En declaracións remitidas aos medios, o rexedor olívico sinalou que este instrumento se enmarca na actuación municipal para facer de Vigo “unha cidade máis sustentable, máis habitable, máis accesible”. Unha vez que se publique no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un prazo dun mes para a presentación de alegacións e, a partir de aí, elaborarase un “proxecto conxunto” definitivo.

Segundo lembrou Caballero, entre 2008 e 2012, o Concello “investiu 75 millóns de euros en 80 actuacións que contribuíron significativamente a reducir o ruído urbano”, como humanizacións, urbanizacións, reasfaltado, arranxo de pavimento e outras medidas. Entre 2013 e 2024, o investimento chegou aos 100 millóns, segundo o alcalde, para 170 actuacións similares, que “reducen o impacto acústico de forma notable”.

Agora, coa revisión do Plan de Acción, prevense actuacións como as recollidas para as Zonas de Baixas Emisións, onde se limitará a velocidade a 20 km/h, as obras de mellora previstas en Gran Vía ou a contorna da VG-20, actuacións do programa Vigo Vertical, a continuidade da peonalización da Porta do Sol co túnel baixo a praza e Elduayen, ou implementación de “asfaltado acústico”.

Tras recalcar que o Concello leva anos de adianto con medidas para mellorar o confort acústico na cidade, Caballero explicou que se estudan medidas a medio e longo prazo, como restrinxir a circulación de vehículos pesados, reducir a 20 km/h a velocidade en zonas de alta concentración de persoas ou mellorar a sinalización viaria. Así, a nova Avenida de Madrid será un “exemplo” desa forma de reducir ruídos en Vigo. Finalmente, o alcalde lembrou que o operador turístico Altezza Travel situou a Vigo como a terceira cidade de España con menos ruído. “Isto é moi importante, porque demostra que estamos a actuar e porque temos que ser conscientes de que imos na boa dirección”, sentenciou.

ACORDO PISCINA DE TEIS

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este venres o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a reforma da piscina de Teis (pechada desde que sufriu un incendio en maio de 2022), de maneira que a institución local achegará 5 millóns de euros para as obras, e o Concello outros 2,14 millóns.

O proxecto para a reforma da piscina foi aprobado polo goberno vigués hai un ano e o pasado mes de agosto, a Deputación aprobou o convenio, que remitiu ao Concello. O goberno local solicitou facer unhas modificacións relativas ao alcance económico das achegas, que foron aceptadas polo organismo provincial.

ÚLTIMAS

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...

Veciños de Navia acusan á Xunta de permitir “narcopisos” en vivendas da súa propiedade

Veciños do barrio vigués de Navia denunciaron este xoves a existencia de varios narcopisos...